Gondomar reduce nun 75% o canon da auga e de vertedura
O Concello de Gondomar reduciu, nun 75%, o canon da auga e de vertedura aboada á Xunta de Galicia. Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos,Juan Carlos González Camesella, quen afirma que esta redución é o froito da revisión e reparación das subministracións municipais. “Só o cambio das instalacións de fontanaría da Praza de Abastos permitiu o aforro duns 4000 € anuais en concepto de canon; contado con que a obra realizada no 2012 custou uns 9000 €, a día de hoxe xa foi amortizada”, explica o edil.
Por ano, os importes foron:
2009 – 11.400€
2010 – 9.659€
2011 – 10.270€
2012 – 4.900€
2013 – 2.700€
OConcello de Gondomarcontinúa co importante labor da optimización das subministracións municipais. Recordar que no ano 2013 tamén se reduciu a facturación eléctrica nun 20%.











