Galicia Bilingüe solicita á Xunta que afaste á Mesa Pola Normalización Lingüística das actividades con escolares

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

Galicia Bilingüe solicitoulle á Consellería de Educación que afaste á Mesa Pola Normalización Lingüística das actividades que estes realizan cos alumnos de Galicia en horas de clase, tales como o Correlingua, tras coñecer a declaración de apoio da Mesa aos 12 radicais que están a ser xulgados desde esta mañá por tentar rebentar a pedradas e botellazos a manifestación de GB en Santiago en 2009, na que se pedía liberdade de elección de lingua.

Un dos acusados está condenado a 8 anos e 9 meses por tenencia de explosivos e pertenza a banda armada. Na solicitude asinada por Gloria Lago explícase que “non é sensato deixar que organicen actividades de normalización lingüística cos nosos fillos en horario escolar unhas persoas que apoian a estes fanáticos violentos, que para defender a normalización ameazan, coaccionan, esnaquizan o mobiliario urbano, e arroxan pedras e botellas ás persoas que exercen o dereito básico en democracia a manifestarse legalmente. Si A Mesa deu o paso de antepor aos principios democráticos o fanatismo e o apoio a grupos violentos, a partir de agora deben quedar inhabilitados para levar aos nenos en horas de clase a manifestacións a favor da normalización como o Correlingua”.

20 de maio de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.