GalEco dará a coñecer en Cedeira as vantaxes da enerxía eléctrica de orixe renovable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

GalEco, a Galería aberta ao mundo do Medio Ambiente que promove o Concello de Cedeira, suma novos reclamos e contidos na súa segunda edición, que se celebrará os días 7 e 8 de xuño. Nesta ocasión, na céntrica praza do Sagrado Corazón da vila.

Así, Nosa Enerxía, a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificado, nunha clara aposta pola sostenibilidade enerxética, confirmou a súa presenza na cita. Xunto a ela, tamén tomarán parte firmas como Grupo Austen, IGF, Polux Hispania, Tuimil, Camari SL, Corrente Eficiente, Instalaciones y Mantenimiento Cedeira ou Electricidad Cordobelas, Agrogandeiria construccionmaquinas (Noncemento), AGD CyL SL e PROMACE.

Segundo explica o alcalde, Luis Rubido, GalEco busca dous obxectivos fundamentais: dar a coñecer as fontes enerxéticas alternativas e os sistemas que se comercializan no mercado e fomentar así o seu uso entre a cidadanía. As vantaxes medioambientais, pero tamén económicas a medio prazo son evidentes. E, de todas elas, darán conta as firmas que concurren este ano a GalEco.

Así, o público que acuda á Galería aberta do Medio Ambiente podrá coñecer as últimas novidades en materia de bioconstrucción, sistemas de calefacción por biomasa ou circuitos de calefacción centrados na enerxía xeotérmica, paneis solares para a producción de auga quente, sistemas de control intelixente da iluminación ou o rego de xardíns e xestión de residuos. Non só iso, o campo da mobilidade tamén terá un papel destacado a través das solucións propostas pola compañía Tuimil. Un sinfín de solucións que a fin de semana do 7 e 8 de xuño o público – particulares, empresas e administracións- poderá coñecer de preto en Cedeira.

30 de maio de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.