Francisco Noya afirma que “non se adoptou un acordo de barra libre”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O concelleiro de Festas do Concello de Santiago, Francisco Noya, asegurou ante o titular do Xulgado do Penal número 1 de Compostela que a xunta de goberno local “non adoptou un acordo de barra libre” no relativo ao pago da defensa de Adrián Varela, e que a decisión se produciu tras un “pequeno debate”.

Na súa declaración na vista que se celebra contra sete edís de Santiago imputados por prevaricación, Noya indicou que a xunta “non adoptou un acordo de barra libre” e lembrou que non tivo “repercusión económica”, dado que, estaba “condicionado” a certos requisitos.

A diferenza do declarado por outros concelleiros, Francisco Noya recoñeceu que, antes de aprobar o pago, produciuse “un pequeno debate” entre os edís, aínda que consideraron que era “conforme a dereito”.

Sobre a súa relación con Adrián Varela, Francisco Noya indicou que “non era dos que máis confianza tiña” con el debido a “discrepancias en xeral”.

19 de maio de 2014 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.