publicidade hoxe

Frades conmemora as Letras Galegas con obradoiros e representacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades está a levar a cabo un amplo programa de actividades co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas que, un ano máis, centralízanse no CPI Pontecarreira con 10 actividades para os ciclos de infantil, primaria e secundaria. Así, hoxe xoves tivo lugar o espectáculo “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”, un espectáculo dirixido a alumnos e alumnas de infantil, que tamén disfrutaron cun obradoiro de decoración de bolechas.

Así mesmo, e ata o vindeiro 2 de xuño, o Concello de Frades e o programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia están a celebrar 8 obradoiros creativos para os alumnos e alumnas de Primaria. Baixo o nome de “O lapis máxico”, estes obradoiros buscan que os nenos e nenas tomen contacto con todos os aspectos dunha representación teatral: guión, interpretación, iluminación, banda sonora…O obxectivo é que aprendan a traballar en equipo e poidan desenvolver as súas habilidades artísticas. Finalmente, o pasado martes celebrouse o “Animalario fantástico”, un obradoiro plástico-literario para alumnos e alumnas de Secundaria.

15 de maio de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.