Finaliza o Certame de Teatro para centros de ensino de Monforte
OXXIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte ofrecerá esta semana as dúas últimas representacións a cargo de Prodeme e do CEE Infanta Helena.
Hoxe luns día 19 serán os mozos e mozas de PRODEME os que nos achegarán a obra “A cidade non é para min”.
Mañá martes día 20, o alumnado do CEE Infanta Helena porá en escena a obra musical en clave de humor “A unión fai a Terra”. O planeta terra vaise secando e morre por mor da contaminación. O resto dos planetas únense para salvala.
As representacións lévanse a cabo na Casa da Cultura ás 20:00 h. e a entrega de premios realizarase mañá martes día 20 de maio ás 21:00 h., unha vez que finalice a obra do colexio Infanta Helena.
O Certame iniciouse o pasado día 6 de maio e no mesmo tomaron parte uns 100 rapaces e rapazas que integraron os grupos teatrais dos sete centros participantes.