Finaliza en Xove o curso de informática dirixido a maiores
O Curso, que tivo unha duración de 20 horas, rematou onte, 21 de maio, coa entrega de Diplomas a cargo da Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad. O mesmo foi desenvolvido na Aula de Informática da OMIX de Xove.
Dirixido a maiores de 50 anos, no mesmo as persoas participantes coñeceron o manexo de Windows, traballaron co programa Word e iniciáronse na Internet.
Esta actividade foi moi ben acollida polos asistentes xa que os coñecementos adquiridos no Curso sonlles moi útiles para a súa vida diaria: contacto con familiares, busca de información, correo,….