publicidade hoxe

Festival de Jazz e Correlingua marcan unha nova semana da actividade cultural en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Tras o éxito de participación na I Maratón de Fotografía Cidade de Ourense 2014, entramos nunha nova semana que trae á cidade numerosas actividades organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense.

Mañá martes teremos unha nova cita co Festival de Jazz de Primavera, coa actuación de Romaní – Mitchell Swing Serenaders no Café Latino a partir das 22 h. A entrada é gratuíta. Un día despois, este mesmo grupo ofrecerá un concerto didáctico no Auditorio Municipal para escolares ás 10.30 h e 12 h.

O propio mércores o Auditorio tamén albergará tamén unha nova edición do Correlingua 2014. Esta é unha actividade que transita a través dunha a doutra localidade cun denominador común que é a dinamización lingüística da mocidade. Haberá dúas quendas as 9.45 é as 12.30 h, e en total participarán arredor de 1.000 rapaces e rapazas dos IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives, do Colexio Concepción Arenal da cidade, e do CEIP O Ruxidoiro de Barbadás.

Xa pola noite, ás 22 h o Café Latino acolle un novo concerto do Festival de Jazz a cargo de Jorge Pardo, Javier Colina, Carmona, e Bandolero.

O xoves 15 e venres 16 o Colexio Plurilingüe Divina Pastora celebra no Auditorio o 75º Aniversario das Franciscanas en Ourense e a 45º Edición dos Xogos Florais coa estrea da obra Contigo.

O venres 16 e sábado 17 conmemórase o Día das Letras Galegas, dedicado neste 2014 a Xosé María Díaz Castro. A Concellería de Cultura colabora coa Asociación Pro Centenario nós nas actividades organizadas con tal motivo. Desta forma, o venres a partir das 20 h comezarán as actividades que serán no Claustro de San Francisco, e o sábado se centrarán na área das Burgas, entre outros espazos.

Ese mesmo día actuarán no Auditorio Municipal Pink Floyd Live Experience, un tributo a unha das bandas máis emblemáticas das historia do rock. Será a partir das 21 h e as entradas pódense adquirir en www.ticketmaster.com, www.entradas.com e dúas horas antes da actuación na billeteira do Auditorio.

E por último, o domingo día 18 ás 12 h temos unha nova cita coa programación infantil, coa actividade Novo circo, da compañía Cair. É un espectáculo de circo e acrobacias para todos os públicos onde a emoción e o risco súmanse ao humor.

12 de maio de 2014 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.