Festival Combo Dominicano, Expotaku e Wake Up Festival nas actividades de ExpoCoruña para maio
ExpoCoruña presenta as propostas culturais para este mes de maio nas que se inclúen orquestras, manga e música electrónica.
FESTIVAL COMBO DOMINICANO: 16 de Maio – 23 hs
O inicio da tempada 2014 da orquestra de moda en Galicia é todo un acontecemento para os miles de fans que acompañan aos seus ídolos ao ritmo do ‘swing do Combo’. Este grupo canario pode presumir de ter desde hai case un ano a súa axenda repleta para este verán.
Despois dunha xira por diferentes salas e discotecas coa súa formación reducida, a presentación da orquestra coa súa nova montaxe e todos os seus músicos terá lugar o venres 16 de maio, véspera de festivo, nas instalacións de Expocoruña. Un evento de varias horas de duración no que soarán os temas máis coñecidos do grupo canario, así como aqueles que este ano farán bailar a decenas de miles de persoas.
XIRA EXPOTAKU: 23, 24 e 25 de Maio
Un ano máis a ExpOtaku volve a EXPOCoruña, nesta ocasión da man da Asociación COGA (Colectivo Otaku Galego). 20 postos completos de PS3, Xbox360 e Wii. Zona Retro con Super Nintendo SNES, Nintendo 64, Nintendo GameCube, Sega Mega Drive II, Sega Saturn, Sega Dreamcast. Torneos en 50″ Full HD patrocinados por Namco Bandai e Fusión Freak. Pero non todo serán videoxogos, así que tamén poderedes gozar de 30 tendas, máis de 30 postos de artesanías e fanzines, zona gastronómica… Exposicións de Coleccionismo e Cosplay por cortesía de varias coleccións privadas, de Consolas Retro, de Miniaturas (Blood Bowl, Cruzada Estelar, Heroquest) por cortesía de Fusión Freak e como colofón, exposición de 25 kimonos únicos + taller de kitsuke por cortesía de Kimono Club e a exposición conmemorativa do 400 aniversario do establecemento de relacións comerciais e diplomáticas entre España e Xapón a través da Embaixada Keicho.
Volverase contar coa colaboración do IEEE e Asian Club que ofrecerán senllos espazos temáticos de robótica e cultura musical asiática.
Con motivo do noso 5° aniversario ofrécese unha festa a tarde do sábado no escenario coas actuacións musicais de White Noise e Haru Ookami.
Todo isto, sen perder a esencia do evento de proximidade, un salón da manga adaptado á demanda real do público coruñés e provincias próximas con concursos, conferencias, proxeccións, talleres, torneos… Cosplay, jpop/kpop, karaoke e todo o que máis che gusta para pasar un fin de semana xenial en compañía de amigo<sent\>s. Novos contidos, novas ideas, novas formulacións…
WAKE UP FESTIVAL: 31 de Maio
Despois de case 10 anos, o REI volve a Galicia. Sábado 31 de maio, EXPOCoruña. Wake Up Electronic Parties presenta Carl Cox and Friends. Unha noite de musicón da man dun dos mellores djs do mundo acompañado doutros grandes artistas da escena electrónica internacional.
Entradas dispoñibles en www.entradasatualcance.com.











