Ferrol reforza o compromiso co rural co investimento de medio millón de euros nas parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Goberno Municipal de Ferrol que dirixe Jose Manuel Rey Varela executará unha serie de actuacións de pavimentación de viarios e pistas nas parroquias do rural, así como de reparacións de parques infantís, fontes e instalacións veciñais con cargo ao “Plan DTC 93. Unha deputación para todos os concellos” da Deputación Provincial da Coruña. A proposta de actuacións, que terán que estar listas o vindeiro ano, suman máis de 480.000 euros; e mañá serán ratificadas polo Pleno despois de que hoxe obtivera o ditame favorable da comisión informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos e Seguridade.

Así as cousas, as intervención incluídas en este programa responden ás demandas que as entidades veciñais transmitiron ao concelleiro de Zona Rural, José Polo Veiga; e complementarán os traballos de mellora e conservación que se veñen acometendo ao abeiro do Plan de Barrios. A relación de obras e a valoración económica das mesmas é a seguinte:

-A Cabana – Pavimentación do viario en Montecoruto e rúa Ricardo Pena: 42.716,45 euros.

-Covas – Pavimentación pista Os Gorpes e reparación parque infantil: 52.982,98 euros.

-San Xurxo – Pavimentación pista Tralouteiro e Camiño Os Casás: 54.732,55 euros.

-Brión – Reconstrución lavadoiro Fonte da Pomba e reparación nave da asociación de veciños: 30.088,73 euros.

-Mandiá – Pavimentación e substitución de pluviais: 58.515,92 euros.

-Cariño – Pavimentación de pista en Aldea; e Doniños – Pavimentación de pista en Vilar: 58.757,04 euros.

-Esmelle – Pavimentación de pistas en As Cortiñas, Lodeiro-Peirón e Migues-Castido: 57:787,57 euros.

-Papoi-Marmancón – Pavimentación de vial: 32.522,96 euros.

Ademais, a estas intervencións hai que engadir outros dous proxectos que se inclúen nesta nova achega da administración provincial, o que suporá una aforro para as arcas locais, e que se localizan en Serantes. Trátase de:

-O proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución da urbanización da Avenida 19 de febreiro. (Proxecto de travesía na DP-3612 Aneiros – A Cabana. 1ª fase: P.K. 0+000 a P.K 0+300. Ferrol): 51.642,58 euros.

-E o aglomerado da rúa Fernández Bastida, xa executado e cuxo custe total de 60.025,37 euros asumirá agora enteiramente a Deputación Provincial da Coruña.

Unha última intervención que está en execución nestes momentos, neste caso non localizada na zona rural, e que tamén se inclúe no Plan DTC 93 da Deputación da Coruña é a reparación de cubertas en Recimil. O investimento nestas obras ascende a un total de 278.795,78 euros que se financiarán ao cento por cento cos programas provinciais do POS e o DTC.

15 de maio de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.