Ferrol programa un ampla programa de actividades no mes das Letras Galegas
O Concello de Ferrol ten programadas un amplo número de actividade con motivo deste mes das Letras Galegas. Así, ademais do tradicional encontro de agrupacións de veciños da zona rural para conmemorar o 17 de maio , dende as Concellerías de Cultura, Educación e Normalización Lingüística se teñen organizado para o presente mes de maio diferentes actos e eventos que terán o idioma galego como protagonista.
Así, a Concellería de Normalización Lingüística distribuíu entre as entidades veciñais exemplares de “Nimbos”, poemas de Xosé Díaz Castro que é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Tamén se entregou ás bibliotecas dos centros de ensino de Infantil e Primaria libros da obra “O neno e a estrela” do Colectivo Fabaloba, un conto infantil que permite o achegamento á figura de Díaz Castro e ao contorno en que se criou. Así mesmo, o mércores 28 de maio o Teatro Jofre acollerá a proxección da película “A tropa de trapo na selva do arco da vellas” para os escolares de Infantil e Primaria do municipio. E o día 30 de maio ás 18.30 horas a Sala Infantil da Biblioteca Municipal Central situada na praza de España acollerá unha sesión de contacontos baseada no libro “O neno e a estrela”.
Ademais, na xornada de hoxe comezou o ciclo “Teatro con G”, promovido pola Concellería de Educación e que terá continuidade os meses de xuño e outubro. Alumnado de centros de Infantil, Primaria, Bachalerato e Ciclos asisten a esta actividade promocionada pola Concellería de Educación. (Achégase cartel coas obras e datas de representación).
O galego tamén terá presenza na programación da Concellería de Cultura nos vindeiros días; coas concertos no Teatro Jofre de Amancio Prada, que o 24 de maio presentará en Ferrol o espectáculo “A Rosalía de Federico”; e do grupo infantil “Bicos de Música” fixada para o día seguinte –domingo 25 de maio.
Encontro en Pazos
A mesma xornada do sábado 17 de maio, o local social da Asociación Veciñal de Pazos acollerá o acto central do Día das Letras Galegas das entidades do rural. Este acto iniciarase ás 17.30 horas coa participación de nenos/as residentes en Pazos que farán unha semblanza da vida e obra de Xosé María Díaz Castro. A continuación actuará o grupo de Teatro Maxolo; e o encontro rematará co concerto da Rondalla de Mulleres de Santa Uxía de Mandiá.











