Ferrol incrementa nun 11% a axuda económica a Cogami

Sinatura do convenio de colaboración
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e Ramón Sestayo, en representación da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), asinaron hoxe un novo convenio de colaboración que ten por obxecto promover a igualdade de oportunidades no acceso ao mercado de traballo para persoas con discapacidade a través de accións para a inserción laboral. A concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro, tamén asistiu ao acto de firma deste protocolo de colaboración, que tivo lugar no Salón de Recepcións do Pazo Municipal, e cuxa contía volve aumentar até os 9.000 euros, o que supón un 11% máis con respecto a achega municipal do exercicio anterior.
Jose Manuel Rey manifestou que “dentro dos moitos problemas diarios aos que hai que facer fronte hai que ter prioridades, e a atención ás persoas e a maior satisfacción que un alcalde pode ter”. O rexedor ferrolán insistiu na súa defensa de que os servizos sociais se manteñan no ámbito de competencias das Administracións locais porque “somos as máis próximas aos cidadáns e, consecuentemente, as que mellor coñecementos as necesidades dos nosos veciños”. Neste sentido, o primeiro edil ferrolán sinalou que “este compromiso cos servizos sociais e o apoio ás persoas se demostra con convenios coas entidades como o que asinamos hoxe e que coa solidariedade de todos os ferroláns conseguimos ir incrementando a súa contía económica”. Así, a situación de COGAMI pasou de non recibir achega municipal algunha en 2010 aos 9.000 euros de axuda actual. Na anualidade de 2012 a Concellería de Benestar Social que dirixe Rosa Martínez Beceiro destinou a COGAMI 8.000 euros para o Servizo de Intermediación Laboral da entidade e a posta en marcha dun novo programa: “Busca de Emprego 2.0”, baseado na aprendizaxe das ferramentas da web para a mellora da empregabilidade.
“O emprego debe ser a principal preocupación dos representantes públicos; e aínda máis os empregos das persoas con discapacidade”, manifestou o alcalde; que manifestou o seu desexo de que “as mellores cifras macroeconómicas que recollen os indicadores oficiais sobre a recuperación económica do país se traduzan pronto en xeración de emprego, tamén para as persoas con minusvalías”. Neste sentido, Jose Manuel Rey insitiu no compromiso do Goberno Municipal que preside de seguir colaborando nesta tarefa con COGAMI.
Insercións laborais
O responsable de COGAMI, Ramón Sestayo, expuxo os datos do Servizo de Intermediación Laboral que presta a entidade e que sufraga en parte co achega municipal recollida no convenio asinado hoxe co alcalde Jose Manuel Rey. Así, no exercicio de 2013 este servizo laboral contou con 170 novos usuarios; xestionou con empresas un total de 142 ofertas de emprego; e conseguiron a inserción de 250 persoas.
“O Concello de Ferrol está a facer un esforzo importante para dar prioridade ao gasto nas persoas; e isto é un compromiso do alcalde que recoñecemos e salientamos. Ë de significar a vontade do alcalde de darlle prioridade nos orzamentos públicos do Concello a un ben hoxe por desgraza escaso como é o traballo. Os de hoxe son cartos de todos os ferroláns ben investidos”, asegurou Ramón Sestayo. O Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI a realización de cursos sobre técnicas de búsqueda de emprego.
Novos convenios
Na liña iniciada neste mandato de situar como prioritario o investimento en programas e políticas sociais, a Concellería de Benestar Social tramitará novos acordos de colaboración con entidades que até hoxe non recibían achega municipal e subirá as contías doutras. Así, no pleno desta tarde aprobarase unha modificación orzamentaria para atender a este compromiso e do que se beneficiarán as seguintes entidades sociais:
– ADRA, que verá incrementada a achega municipal de 1.000 a 2.000 euros para atender a persoas e familias en risco de exclusión social.
– Asociación Ërguete, cuxa achega municipal destinada á prevención e apoio a persoas con adicións sube de 2.000 a 4.000 euros.
– Asociación Dignidad, que este ano recibirá unha axuda de 1.000 euros.
– Asociación de País de Nenos/as con Parálise Cerebral (ASPACE), que por primeira vez asinará un protocolo de colaboración co Concello de Ferrol, por valor de 1.500 euros.
E ademais, a Asociación Nosa Señora de Chamorro cambia o obxecto do convenio e destinará os 10.000 euros que recibe a activades de formación e integración, en lugar de investilos no transporte dos seus usuarios.











