Ferrol e o Fondo Galego de Cooperación organizan un master class en fotografía social
A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, participa no certame “Imaxes con fondo”, que organiza o Fondo Galego de Cooperación. Para acompañar a difusión deste concurso, que cumpre a súa segunda edición, o departamento municipal de Benestar organiza un Master Class en fotografía social que impartirá o fotógrafo Gabriel Tizón.
O número de prazas dispoñibles para esta actividade é de 40, das cales 15 as seleccionará a Universidade da Coruña; e as outras 25 xestionaranse a través de Benestar Social. Os interesados deben cubrir a solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, situado na planta baixa da Casa Consistorial; e se adxudicarán as prazas por rigoroso orde de entrada. O prazo para a presentación de instancias abriuse este luns. Este Master Class en fotografía social de Gabriel Tizón terá lugar o vindeiro día 22 de maio a partir das 18.30 horas na Aula de Fotografía situada no Centro Cultural Universitario de Esteiro.











