Ferrol e a Deputación da Coruña abren o prazo de inscrición nos campamentos deportivos de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, informa de que a Deputación da Coruña reserva un total de 25 prazas para nenos/as do municipio que desexen participar no programa de Campamentos Deportivos 2014 do ente provincial. Estes campamentos desenvolveranse no Colexio Calvo Sotelo da Coruña entre o 6 e o 12 de xullo; e o prazo límite para solicitar a inscrición nos mesmos é o vindeiro 19 de maio.

Os Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña están dirixidos a nenos/as nados nos anos 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000. Os seleccionados aboarán 85 euros como cota de participación na conta bancaria que no seu momento determine a administración provincial. Neste cota inclúense todos os gatos relacionados coa actividade: estadía, manutención e transporte interno para a realización das actividades programadas. A incorporación ó campamento no Colexio Calvo Sotelo será o domingo día 6 de xullo pola tarde por conta dos participantes.

As solicitudes pódense presentar no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, situado na planta baixa da Casa Consistorial. Máis información na Concellería de Deportes do Concello de Ferrol e tamén no enderezo electrónico http://www.dicoruna.es/deportes/actividades/campamentos-V.0.1-2014

9 de maio de 2014 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.