Ferrol disporá de catro bandeiras azuis nas súas praias durante o verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

O Concello de Ferrol contará este verán con catro praias distinguidas coa Bandeira Azul que concede anualmente pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC). Así, o estandarte lucirá durante a temporada oficial de praias en San Xurxo, Doniños, Esmelle e A Fragata, dando mostra da calidade ambiental e de servizos destes areais.

A Concellería de Medio Ambiente e Servizos, que dirixe Borja Carro Muñoz, solicitara no seu día a AEAC a concesión de Bandeiras Azuis para estes catro areais, recoñecemento que hoxe se confirmou e que supón dobrar o número de estandartes en comparación co ano pasado en que este lucía en San Xurxo e Doniños. Cada unha destas bandeiras certifican que as praias ferroláns en que ondearán en xullo e agosto cumpren cos criterios cada vez máis esixentes de legalidade, sanidade, limpeza, seguridade e información e xestión ambiental.

14 de maio de 2014 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.