Ferrol agradece o traballo do persoal da administración na conmemoración de Santa Rita

Conmemoración de Santa Rita en Ferrol
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu hoxe o acto institucional conmemorativos da festividade de Santa Rita, patrón do persoal funcionario; en que se homenaxea ao persoal da Administración municipal xubilado no último ano. Aurelio González Guitiérrez. Luís Rico Castro, Teresa Celeiro Gómez e Carmen Paz Dáz, participaron nesta cerimonia que se desenvolveu no Salón de Plenos do Concello de Ferrol e na que se recordou a Jose María González Ramos, traballador do Concello falecido. Cada homeaxeado recibiu de mans do primeiro edil da cidade e dos voceiros da Corporación Municipal unha placa conmemorativa e un exemplar do libro “A Nosa Pintura”.
Na súa intervención, Rey Varela agradeceu o traballo que realiza todo o persoal do Concello de Ferrol. “Traballar nunha administración é traballar para os demais; e vosoutros mellor que ninguén sabedes o que supón traballar nun Concello que é a primeira porta de entrada dos problemas dos veciños e veciñas aos que hai que dar resposta sempre aínda que non sexan propios do ámbito de competencias dunha administración local”, dixo o alcalde. Así mesmo, o primeiro edil da cidade sinalou que esrte agradecemento debe ir acompañado de feitos, e referiuse aos acordos acadados cos representantes dos traballadores que permitiron a entrada en vigor dunha xornada de verán -que “é exemplo para moitas outras administracións”, manifestou- e a convocatoria despois de moitos anos de prazas de promoción interna. “Os políticos pasamos, quedades aquí vosoutros; que garantides o normal funcionamento da administración”, apuntou Rey Varela.











