publicidade hoxe

Exposición “Menudoartegenial” no Centro Social Cabo de Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

“Menudoartegenial” é unha exposición das obras de nen@s creativ@s boirenses  que  amosa os traballos realizados en diferentes obradoiros  impartidos coa pintora  boirense Mónica Rivas.

Esta licenciada en belas artes  e mestra de  debuxo, xunta en  diversas actividades puntuais algúns nenos o seu carón para seguir de cerca o seu proceso creativo, guiar  e aportar os ánimos  precisos que estes pequenos xenios requiren para levar a cabo  a forma de expresión gráfica que primeiro manifestan, o debuxo. De  xeito natural, eles crean ou interpretan o seu entorno e os seus intereses, que se ven reflectidos nas súas creacións.

A inauguración terá lugar na sala do CSoCC o vindeiro venres 9 de maio ás 20:00h.

A mostra estará aberta ao público todo o mes de maio do2014 en horario do centro.

5 de maio de 2014 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.