publicidade hoxe

Éxito de participación na segunda edición do Trofeo de Karate Real Vila de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Éxito de participación, tanto a nivel deportivo como de público, na segunda edición do Trofeo de Karate Real Vila de Neda, organizado por Concello e Club Renbu-kan o pasado sábado, 3 de maio, no pavillón polideportivo. O edil de Deportes, Roberto Rey, explicou que boa proba da consolidación da cita no calendario deportivo da comarca é o número de clubes que tomaron parte, pasando de 7 no 2013 aos 13 deste ano. En total, entre as modalidades de kata e kumite, rexistráronse en torno ás 175 actuacións, moi repartidas entre as idades de catro a trece anos. Foi, en definitiva, unha competición de carácter lúdico, onde participou o mellor do karate comarcal, demostrando o bo facer que ten nesta disciplina. Os concelleiros de Deportes, Roberto Rey, e de Seguridade, José Manuel Gradaílle, presidiron a entrega de premios.

7 de maio de 2014 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.