Estudantes do EPAPU de Lugo visitan as instalacións do CEI e do Espazo>Lab

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Visita dos estudantes do EPAPU

Visita dos estudantes do EPAPU

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, fixo entrega dos diplomas acreditativos do curso aos 20 alumnos do centro EPAPU de Lugo que visitaron as instalación do CEI-Nodus e do Espazo>Lab.

Ao longo da mañá os estudantes visitaron as instalacións municipais nas que puideron falar con empredendores que están iniciando a súa traxectoria empresarial nos viveiros de empresas e recibiron unha charla de Motivación para emprender e realizaron un obradoiro de cooperativismo.

Esther Muñóz animounos a seguir formándose para poder levar a cabo as ideas emprendedoras que teñan e que son un nicho de emprego destacado ademais de lembrarlles que “nestas instalacións temos moi bos profesionais que vos poden orientar de cara o voso futuro laboral”.

28 de maio de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.