Escolares da cidade portuguesa de Vila Real visitarán estes días Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Un total de 50 escolares de entre 16 e 20 anos visitarán mañá a nosa cidade con motivo da Capital Cultural do Eixo Atlántico. Chegarán por volta das 11 h e visitarán a exposición de Gravado: Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló onde terán unha visita guiada e un pequeno obradoiro de gravado.

A continuación persoal da oficina de turismo faralle un percurso polo Centro histórico da cidade, os nosos lugares máis emblemáticos para rematar a visita cun baño nas termas de Outariz.

Posteriormente, o venres, día 30, será un grupo de 23 persoas entre 7 e 10 anos da Escola da Araucária o que nos visitará, desta volta visitarán a Exposición organizada pola Concellería de Educación de Animación á lectura dedicada este ano á Banda deseñada. A continuación farán un percurso pola cidade para rematar a visita cun baño nas termas de Outariz.

Con estes grupos xa son tres escolas as que visitan a cidade con motivo da Capital da Cultura, outra xa o fixera o pasado día 9 de maio para participar, xunto con escolares da nosa cidade, no concerto de Alberto Mvundi que tivo lugar no Auditorio Municipal acompañado dunha xornada de convivio degustando sobremesas de todos os países da lusofonía.

27 de maio de 2014 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.