Entréganse os premios do V Concurso de Tapas de Oroso

Entrega de premios
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, vén de entregar os premios do V Concurso de Tapas do Concello de Oroso, durante o cal se degustaron máis de 2.300 tapas. Andriana Ferreira, de Tapería O´Martán, recolleu o premio como gañador do concurso polas súas “Boliñas de pataca”, que obtiveron un total de 378 votos, case o dobre que o segundo clasificado. Manuel Mirás entregoulle a Natalia Liste, que xa conseguira o segundo posto deste certame en 2013, o diploma acreditativo e un premio de 300 euros.
O concelleiro de Economía, Xaime Carneiro, fixo entrega do segundo premio a Natalia Liste, do Bar Tapas, quen tamén sube un chanzo no pódio dende o seu terceiro posto de 2013. A súa “Mini hamburguesa de boi” conseguíu un total de 194 votos, que lle valeron un premio de 200 euros e diploma acreditativo. Por último, o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, entregou o terceiro premio a Manuel Viqueira, do Bar Manuela, que non fora distinguido en edicións anteriores. A súa “Espetada de polbo” conseguíu sumar 158 votos, polos que levou un premio de 100 euros e diploma acreditativo.
Mirás, Carneiro e Leira tamén fixeron entrega dos premios conseguidos polas persoas que participaron no concurso de tapas a través do su voto e que levaron dúas ceas para dúas persoas, un bono de beleza dobre en Sanmar Estilismo (Sigüeiro), un circuíto termal no Hotel Balneario Compostela, dúas entradas dobres para Termaria-Casa da Auga na Coruña e 6 botellas de viño de Adegas LAN.
O resto de participantes quedaron clasificados do seguinte xeito: Bar Stop (124 votos), Restaurante Cortés (113 votos), Restaurante Mirás (75 votos), Bar O Zapateiro (71 votos), Mesón A Trabe (58 votos), Nova Xeira (57 votos), Mesón Tambre (43 votos), Cervexería O Xesto (42 votos), Bodegón Cebrás (29 votos), Café-bar Xardín (19 votos), Xq no? (18 votos), Restaurante Liñares (13 votos), Bar Viuda de Blanco (13 votos) e Mesón pulpería As Rías (10 votos).