Entrega de premios aos gañadores das experiencias do Santiago Paixón 2014

Nai dunha das gañadoras do Santiago Paixón 2014
Os gañadores das experiencias culturais e gastronómicas, que se sortearon entre os máis de 1.500 participantes no Santiago Paixón 2014, están a recoller estes días os seus agasallos no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela.
Son en total 25 experiencias gastronómicas, consistentes en diferentes lotes de produtos agroalimentarios galegos de calidade, e 12 experiencias culturais, que inclúen entradas para dúas persoas á exposición Auga Doce, na Cidade da Cultura de Galicia e ao Museo da Catedral de Santiago.











