Educación emocional para pais e nais de adolescentes na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O IES A Sangriña, ofrece en colaboración co CIM e o Programa de Educación Familiar do Concello un curso práctico  para pais e nais de adolescentes. Esta actividade forma parte do proxecto de Contratos Programa na liña de Colaboración coas Familias, que se desenvolve ao longo deste curso no instituto.

Neste obradoiro dirixido a nais e pais de adolescentes abórdase dun xeito experiencial o que supón a nivel emocional ter un fillo adolescente. Dende unha perspectiva humanista, a través de exercicios corporais e diversas actividades os pais e nais poden chegar a unha maior comprensión deles mesmos e, como consecuencia, a unha maior comprensión  dos seus fillos e fillas, sempre coa conciencia de que eles tamén foron adolescentes.

Poderán participar neste obradoiro pais e nais de alumnado de calquera centro educativo da Guarda. Desde a organización, convidámosvos a aproveitar esta oportunidade que xa vén precedida polo éxito dos obradoiros celebrados con anterioridade tamén a cargo de  Esteban Figueirido e de Esperanza Domínguez.

Todos aquelas persoas interesadas poderán inscribirse ata o 12 de maio no IES A Sangriña ou no CIM da Guarda. Para máis información non dubiden en contactar connosco ou ben no Instituto ou no Concello.

8 de maio de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.