Edo Hassagatti combina escultura e fotografías na mostra que se inaugura na Rivas Briones
A sala de exposicións Antón Rivas Briones acolle a partir de mañá unha mostra dobre do artista luso italiano, Edo Hassagatti. A exposición estrutúrase en dúas partes: “Babel”, unha colección de esculturas baseadas na figura humana, e “Home, sweet empty home II”, unha selección de fotografías que repara en detalles de casas baleiras e abandonadas. Esta dobre exposición inaugúrase mañá venres, ás 20:00 horas, e poderase visitar ata o 27 de xuño.
Na faceta escultórica, Edo Hassagatti combina como materias primas materiais nobres como a madeira e a pedra xunto co ferro. Todas as esculturas inspíranse na morfoloxía humana.
Para a mostra fotográfica, o artista utiliza tanto a técnica do branco e negro, como o color, e tamén efectos como o negativo. Nas imaxes o autor fixa o obxectivo en elementos concretos ou espazos de casas en estado ruinoso e abandonadas nos que aínda se pode deducir o que serven para imaxinar parte da vida que acolleron algún día.