Durand Scott asegura que é un pracer colaborar en algo solidario dentro dunha cidade que acolle tan ben

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Os xogadores do Rio Natura Monbus preparan o último partido da tempada contra o Bilbao Basket coa mesma firmeza que todos os anteriores. A pesar de asinada a salvación, o club xógase a disputa do posto na clasificación final, ademais de cumprir un compromiso coa propia afección, como o técnico Moncho Fernández afirmou en numerosas ocasións.

O xogador americano Durand Scott asegurou que o conxunto non se vai a relaxar sobre o parqué aínda que sexa o último encontro da tempada. “Temos que tentar xogar o mellor posible para gañar e acabar a tempada cun bo sabor de boca. O Bilbao quererá despedir aos seus fans cunha vitoria, polo que seguro que estará moi concentrado no partido tamén e non será fácil”, afirmou.

Ademais, destacar como preámbulo a viaxe a Miribilla, o beirado ten unha cita pendente coa solidariedade, xa que mañá mesmo celebrará o sorteo de todas as pezas que doou de cara a conseguir fondos para a Cociña Económica. “Pareceume unha gran idea cando mo propuxeron, así que puxemos en marcha con moita ilusión”, dixo o xogador, ao que engadiu que “é un pracer poder colaborar en algo tan importante dentro dunha cidade que te acolle tan ben, digamos que unha forma de devolver o agarimo recibido”.

As rifas para colaborar coa causa e conseguir os máis de dez produtos que se sortean, desde o equipamento de xogo do número 8 do Rio Natura Monbus, á súa toalla personalizada ou as súas zapatillas, pódense comprar aínda por dous euros que se destinarán integramente á cociña Económica nos seguintes locais santiagueses: Cafetería DJ. Cafetería Milay, Cafetería Plaza de Vigo, Café Bar Taquilla, Deportes Caneda, Lambonadas e imprenta Dixital Copy.

21 de maio de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.