publicidade hoxe

“Dúas línguas, unha historia” en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para hoxe unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.

Das tres actividades programadas polo noso Concello dentro de Ler Conta Moito, hoxe, en horario de 12:30 a 13:45 horas no Salón de Actos do Centro Cívico tivemos a segunda, concretamente “DÚAS LÍNGUAS, UNHA HISTORIA”, unha proposta de achegar o galego e a lectura a través de contos de raigame atlántica, galega, bretona, etc. O contacontos inglés TIM BOWLEY acompañado de     CHARO PITA fixeron as delicias dos 80 alumnos/as do IES Illa de Sarón que participaron nesta actividade.

14 de maio de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.