Dous dos edís composteláns que serán xulgados esperan o luns “tranquilos”
Francisco Javier Noya e María Pardo, dous dos sete edís de Santiago que serán xulgados por autorizar o pagamento da defensa do tamén edil Adrián Varela, imputado na ‘Operación Pokémon’, esperan o luns “tranquilos” e -segundo palabras de Pardo- “desexando que chegue”. Non en van, está convencida de que no xuízo se demostrará que o acordo “é legal”.
Na mesma liña, o Responsable da Área de Participación Cidadá tamén manifestou o seu desexo de que “se celebre canto antes” o xuízo fixado para o 19 co fin “quitar de enriba esta pequena carga dun tema que non vai ir máis alá”. Así mesmo declarou que os sete imputados esperan “que a sentenza sexa absolutoria, xa que non pode ser doutra forma”.
Noya agradeceu o apoio público do presidente da Xunta e do alcalde, así como o dos cidadáns “porque moita xente que está decatada un pouco deste tema” deulle “moito ánimo” tanto a el coma aos seus compañeiros. Así o confirmou a responsable da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible, que asegurou que “nota o apoio na rúa e a crítica en ‘Twitter’.
Con respecto á repercusión mediática, Noya manifestou que “é un tema ao que se lle deu moito bombo”. “Creo que nos van dar a razón” ha aseverado, e por iso espera “que a le de importancia tamén á sentenza absolutoria”.
REIVINDICA A XESTIÓN “BRILLANTE”
Por outro lado, María Pardo explicou que “a vida política complicouse enormemente”, e que “gobernar en momentos de crise económica e política é moi difícil” e que está “orgullosa” xa que definiu a xestión do goberno compostelano como “brillante nun momento moi malo”.
Pardo comentou algúns exemplos desta xestión, como que “xa non hai” botellón, e que “hai máis turistas que nunca e menos paro que nunca dende 2009”.
Por último, manifestou que “o tempo vai poñer as cousas” no seu sitio”. “En política todo volve, e aquilo que se fixo mal volverá contra quen o fixo”, resolveu.











