Diversos actos para conmemorar as Letras Galegas 2014 en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A delegación de Cultura e Normalización Lingüística do concello de Monforte organiza unha serie de actividades co gallo das Letras Galegas 2014, día que está dedicado ó poeta Xosé Mª Díaz Castro.

Algunhas destas actividades xa se teñen realizado en anos anteriores, como é o caso dos certames de narración e debuxo infantil, o Correlingua, o festival musical, ou as rutas “Histórico literarias” e “Coñece Monforte”, mentres que outras constitúen unha novidade na programación. En canto ás novidades destacamos a exposición e a ruta “Por Monforte con Manuel María”, o concerto “Haberá Primavera” e o espectáculo teatral “PULP (Poesía Última de Lois Pereiro”).

5 de maio de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.