publicidade hoxe

Directo Xove achegará o hip hop de Ocekaos a Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCangas
A-
A+

O programa ‘DirectoXove’ promovido pola Concellería de Cultura e Xuventude continúa coa súa singradura cruzando o seu ecuador co quinto concerto dos oito programados para a presente edición. Nesta ocasión vai a ser o grupo de hip-hop moañés ‘Ocekaos’ os encargados de amenizar a noite do ás 22.30 horas venres na sala Moon´s.

Ocekaos é un grupo de hip hop, creado no concello veciño de Moaña, que está composto por tres mc´s: Kliby,Chame e Chino. Coo seu primeiro traballo “EL CAMINO” na rúa o a mediados do 2011, propoñendo un estilo contundente y versátil por parte dos tres mc´s. “EL CAMINO”, que foi gravado por completo no estudio “CreoEnMi Producciones” (Creoenmi.com), conta con 7 tracks, 5 de eles producidos por Bleis (“CreoEnMi”) e dous por Chame (Ocekaos). Tras este traballo o grupo estivo ofrecendo dicersos concertos pola zona do Morrazo, gañando de xeito paralelo algún concurso de maquetas.

A finais do 2012 sacan o seu segundo traballo con DJ Frasi a os pratos. Despois do seu primeiro maxi “El camino” volveron con “Wanted”, traballo composto por 11 cortes producidos por Bleis, O Suso e Estado puro. Gravado en Robleda Records e estudios ‘Creo en mi’, mesturado e masterizado por Bleis nos mesmos estudios. Sendo de descarga gratuíta en internet, en hhgroups e soundcloud, tamén é posible escoitar os dous traballos a través de Youtube. Teñen o seu  primeiro videoclip en youtube do tema “Guarda las distancias” incluído neste segundo traballo. Proximamente estará dispoñible o seu segundo videoclip do tema “Es así”.

A principio del 2013 Ocekaos compoñen un tema en galego polo indulto a David Revoredo que está tamén dispoñible na rede. Neste mesmo ano Ocekaos presentou o seu último traballo por diversos festivais que os levou por cidades como Ourense, Santiago de Compostela ou Ponteareas entre outros. Na actualidade están traballando no seu novo disco que verá a luz o próximo ano.

21 de maio de 2014 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.