publicidade hoxe

Destínanse máis de 56.000 euros para a formación de 15 desempregados de Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPorto do Son
A-
A+

A Consellería de Traballo e Benestar destinou máis de 56.000 euros á formación de 15 persoas desempregadas de Porto do Son (A Coruña), a través dun curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, entregou hoxe os diplomas aos participantes desta iniciativa, que permitiu aos beneficiarios a obtención dun certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. Neste sentido, a responsable autonómica destacou que “unha formación de calidade, certificada e orientada ás demandas reais do mercado laboral” supón unha “importante mellora” na empregabilidade dos parados galegos.

O Goberno galego ten apostado por estender a certificación a practicamente o 100 por cento dos cursos que impulsa. Grazas a este esforzo, desde 2009, Galicia xa expediu 36.000 acreditacións, o que a sitúa no primeiro posto entre as Comunidades autónomas nesta materia.

Os programas de formación que integran a oferta da Dirección Xeral de Emprego e Formación están normalizados, actualizados e adaptados ás esixencias do mercado de traballo, ao igual que os de anos anteriores.

Así mesmo, estes programas teñen un referente común de competencias en materia educativa e laboral porque foron elaborados en función das cualificacións profesionais existentes.

30 de maio de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.