Desestímase o recurso contra o ciclo do auga presentado por Gestagua
O Concello de Cangas xa ten a primeira resolución dun dos dous recursos presentados polas empresas Gestagua e Aqualia contra o pregos de condiciones do proceso de adxudicación do contrato Servizo Integral do Ciclo do Auga . Concretamente a resolución remitida polo Tribunal da Administración Central para Recursos Contractuais do Ministerio de Facenda é a referida a o recurso presentado pola primeira empresa que non estaba conforme coa fórmula de revisión da tarifa recollida nos pregos, sobre a fianza provisional dun máximo do 3%, o relativo a subrogación de persoal así como supostas contradiccións nalgúns apartados referentes as tarifas.
O alcalde de Cangas José Enrique Sotelo explicou aos medios en rolda de prensa que o goberno local amósase “satisfeito co feito de que nos dean a razón no punto máis importante que é o referido ao persoal” declarou, “un dos puntos que levantou máis interese polas empresas candidatas que presentaron varios escritos de consulta ao concello sobre este tema” explicou. O tribunal sinala que o recorrente “utiliza esta vía de recurso de forma impropia para obter unha aclaración da que debeu interesarse ante o órgano de contratación”. Para o rexedor “queda ben claro que a pesar de que no seu día determinadas formación políticas e tamén algunha empresa intentaron manipular de forma moi clara aos actuais traballadores para que fixeran presión contra o Concello, cousa a que nós non nos prestamos” recalcou. A este punto hai que sumar o punto relacionado ás tarifas no cal o tribunal tamén da a razón ao goberno local.
No que respecta a fórmula de revisión das tarifas o órgano entendeu que o establecido nos pregos contradicía a Lei de Desindexación da Economía Española que entrou en vigor en xaneiro deste ano pola cal se prohibe a revisión dos prezos en función dun índice xeral en contra do criterio dos técnicos municipais que entendían que non era aplicable xa que este proceso foi presentado con anterioridade a entrada en vigor da lei. Sotelo pola súa banda defendeu que o prego máis alá do debate de datas, o prego cumpría a regulación “xa que establecía un máximo dun 1,7%, aínda que ao facer referencia ao IPC podía levar a confusión” declarou. O tribunal tamén deu razón ao recorrente no relativo a fianza provisional do 3% do valor do contrato co obxectivo de garantir a solvencia das ofertas das empresas candidatas. Sen embargo o órgano entende que tan requisito “non está totalmente xustificado”. O alcalde de Cangas amosouse contrario a presentar recursos contra a resolución do tribunal, “aínda que non esteamos deacordo xa que só serviría para alongar aínda máis o proceso” polo que segundo o rexedor “haberá que corrixir estes dous apartados por parte dos nosos técnicos” explicou, que unha vez realizados serán publicados no BOP durante 15 días naturais, o prazo mínimo que esixe a lei xa que o goberno local entende que o proceso xa tivo a máxima publicidade nas fases anteriores co obxectivo de o procedemento se prolongue o mínimo posible.
O alcalde de Cangas recordou que aínda queda pendente coñecer a resolución do recurso presentado pola actual concesionaria, Aqualia, que segundo os técnicos municipais foi presentada fóra de prazo aínda que foi igualmente remitida para a súa valoración polo mesmo tribunal administrativo.
Preguntas
Sotelo explicou en resposta as cuestións dos xornalistas que o proceso segue aberto a presentación de novas ofertas así como que o servizo de depuración está garantido xa que a pesar de que o contrato coa actual concesionaria remata este mes o contrato estable prórrogas automáticas ata que remate o proceso de adxudicación do servizo.











