David Souto e Asador’s Jose de Riós gañan o concurso de tapas do PCT Puertas de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

Xa finalizaron os dous eventos gastronómicos postos en marcha polo Plan de Competitividade Puertas de Galicia, ‘Concurso de Tapas’ e ‘Pasaporte Gastronómico’, nos que participaron 42 establecementos desta comarca co fin de promocionar gastronómicamente as comarcas de Verín e Conso Frieiras.

No referente ao ‘Concurso de Tapas’ resultou vencedor o restaurante Asador’s Jose de Riós coa tapa “Filet mignon de boi con salsa de laranxa e grelos ao aroma de allo e noces”, mentres que no concurso desta categoría realizado na rede social Facebook, David Souto, acadou un paquete gastroturístico “Puertas de Galicia” para dúas persoas (unha estancia con aloxamento e almorzo no Parador de Verín-Monterrei máis un menú degustación 4 Estacións en O Souto das Candeas de Verín). Mentres que no ‘Pasaporte Gastronómico’, cun menú gastronómico: Nerea Garcia (Restaurante Bruma de A Gudiña), Jorge Calvo (Restaurante Casa Manola de Verín), Sonia Prado (Restaurante Lugano de Verín), Manuel Lopéz (Casa Elena de Laza), Francisco Javier Vazquez (Restaurante O Carrizo de A Mezquita) e Rosa Fernández (Asador’s Jose de Riós). Se no ‘Concurso de Tapas’ a elección da mellor tapa, así como do vencedor do mesmo, efectuouse a través da rede social Facebook, no ‘Pasaporte Gastronómico’ era necesario recoller o Pasaporte en calquera dos establecementos do listado, e conseguir 10 selos de diferentes establecementos por unha compra, estancia ou consumición.

Por outra banda, e ata o mes de xuño, desde o PCT Puertas de Galicia promovese tamén a iniciativa gastronómica ‘Menús de Primavera’, que ao igual que as anteriores está englobado no proxecto “Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia”. Con prezos que oscilan entre os 15 e 25 euros, os/as visitantes e veciños/as poderán degustar pratos como pastel de verduras de tempada sobre crema de espárragos trigueiros, zamburiñas na súa cuncha ao branco de Monterrei, milfollas de tomate con queixo fresco e vinagreta de froitos vermellos, estufado de corzo con castañas bañadas, cazola de peixe en salsa verde, boi salteado con piña e salsa de mango, corazón de mazá asada, leite callado caseiro con mel autóctono, leite frito de castañas ou torta de amorodos, entre outras.

O Plan de Competitividade Puertas de Galicia está promovido por Turespaña, Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e once municipios (Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso), integrados na Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Puertas de Galicia. Entre os obxectivos deste plan están a busca de especialización tanto no destino como no produto, deseñar unha oferta capaz de introducir a experiencia turística como elemento motivador da viaxe, así como a busca da mellora da competitividade das PEMES e MPEMES turísticas para lograr a sostenibilidade do territorio.

20 de maio de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.