publicidade hoxe

Daniel López gaña o Campionato de Galicia de Fondo na estrada celebrado en Baiona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaDeportesDeportes PortadaGondomarNigrán
A-
A+
Podio do Campionato de Galicia de Fondo

Podio do Campionato de Galicia de Fondo

O ciclista da Caixa Rural, Daniel López foi o vencedor absoluto do Campionato de Galicia de Fondo na estrada para a categoría Elite-Sub 23 que se disputou hoxe en Baiona (Pontevedra), con pasos polas localidades de Nigrán e Gondomar. A carreira cumpriu prefectamente ás espectativas de dureza e competitividade practicamente desde os seus primeiros compases.

Tomaron a saída 62 participantes, a práctica totalidade do pelotón galego incluído nos 7 equipos galegos e algunhas inscricións individuais de clubs galegos non constituídos como equipo e outras de equipos foráneos. A carreira comezou cun ataque inicial a cargo de catro homes que foron os protagonistas da xornada con Ucha e Diego Álvarez (Rias Baixas), Somoza (Cambre) e Ángel Sánchez (Padronés). O seu impetu e acordo lévanlle a adquirir vantaxe sobre o pelotón que marchaba espectante e que se deixou adquirir un atraso de ata 3 minutos.

Algúns movementos estratéxicos fixeron que Cambre, Rías Baixas e Padronés metesen máis elementos na cabeceira conxuntamente con Mariño (Froiz) e Rubén Sánchez (Ourensán) As marcaxes entre os equipos galegos provocaron que Pablo Rodríguez (MMR), Martín Lestido (Mutua de Levante) e Dani López (Caixa Rural) formasen un equipo de conveniencia e alcanzasen a de cabeza. Parecía a configuración definitiva da loita polos postos de honra. Faro Silleiro foi o xuíz da contenda e onde se definiron as posicións finais ao anular un ataque de Ucha con Justo González (Cambre) antes do primeiro paso por meta pero o empuxe de Dani Lopez, Pablo Rodriguez e Lestido botou por terra as aspiracións do dúo.
A chegada ao plano de Baiona presentou un esprint entre López e Lestido con claro triunfo do rodador sobre o escalador. A categoría Elite tamén se dilucidou 35 segundos despois, nun sprint entre Mariño e Iván Vidal de Sáa (Padronés) proclamándose campión Elite o corredor do Froiz.

17 de maio de 2014 | 23:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.