Curso formativo sobre demencias para coidadores non profesionais no Carballiño
A Fundación Barrié e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos/as de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL) coa colaboración da Área de Benestar Social do Concello do Carballiño, impartirá un CURSO DE FORMACIÓN PARA FAMILIARES COIDADORES DE PERSOAS CON ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS na Casa da Cultura de O Carballiño.
O curso celebrarase os días 8, 15, 22 e 29 de maio, de 10:30 a 12:30h.
Este curso está enmarcado dentro da segunda fase do proxecto REDE PARAUGAS para concellos solidarios con Alzheimer e pretende achegar información sobre as demencias á poboación do rural galego para fomentar a creación de grupos de familiares e redes de apoio mutuo.
Ainda que non é obrigatoria a súa inscripción, e pódese asistir a cada unha das charlas de xeito individualizado, dende o Departamento de Servizos Sociais valoran como importante para realizar a formación completa a inscripción previa en dito departamento en horario de 8.30 a 14.30 horas.











