Curso de preparación na modalidade de teleformación en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Coa intención de optimizar e actualizar  o telecentro, nestes días asistirá a un  curso de preparación na modalidade de teleformación cara a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática para responsables de aulas CeMIT e persoal de entidades colaboradoras e de acción voluntaria que teñan asinado convenio en vigor coa Amtega e desenvolvan actividades de alfabetización Dixital (achegase copia de dita Resolución de convocatoria así  como da Orde habilitadora da rede CeMIT).

Esta convocatoria extraordinaria ofrecerá  unha oportunidade única, para o persoal que ven desenvolvendo actividades de alfabetización dixital na túa aula CeMIT  de coñecer os contidos que forman parte do Plan Formativo Ofimática de Galicia para a posterior dinamización e titorización da cidadanía neses mesmos contidos, así como de obter a certificación de competencias dixitais en ofimática con carácter persoal.

O obxectivo é que posteriormente, e a partir do verán, sexan as propias aulas CeMIT as que formen á cidadanía en xeral interesada en obter a dita certificación  cara a mellorar a súa competitividade e o seu acceso ao mundo laboral, dentro dunha actividade máis que incrementará a oferta formativa vixente no Plan de Formación da Rede CeMIT.

20 de maio de 2014 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.