publicidade hoxe

Culleredo e ASEM organizan unha xornada formativa de terapia asistida con animais de compañía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo e a Asociación galega contra as enfermidades neuromusculares (ASEM), organizan a xornada formativa: “Terapia asistida con animais de compañía”. A iniciativa desenvolverase mañá venres 23 de maio, ás 16.30 horas no Pazo de Vila Melania.

Ten como obxectivo o de proporcionar alternativas eficaces nos procesos de rehabilitación e de apoio psicosocial de persoas en situación de dependencia. Xa existen entidades en Culleredo utilizando este tipo de terapias: Aspanaes, Anhida e Apem, con resultados moi positivos.

A xornada contará como relatores e relatoras con: Adriana Ávila, profesora da Facultade de ciencias da saúde da Universidade de A Coruña, e con Octavio Villazala, director da Escola de entrenamento Montegato.

22 de maio de 2014 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.