Cruz Vermella colabora co programa de dinamización rural de Allariz
A área de benestar social do Concello de Allariz , en colaboración coa Cruz Vermella, impartirá un obradoiro de alimentación saudable nas asociacións veciñais de Nanín e San Vitoiro.
Esta actividade, enmarcada dentro do programa de Autocoidado que se desenvolve nas asociacións veciñais de Allariz, terá lugar os días 14 e 19 de maio en horario de 16:00h a 18:00h. O obxectivo pasa por afondar no programa de dinamización rural que pretende potenciar un rural vivo, autónomo, activo e saudable.
Manualidades, memoria, igualdade, autoestima, amor e soedade, entre outros, son os temas principias que se traballan, dende unha perspectiva de xénero, para mellorar a calidade de vida persoal e social-comunitaria.











