Conferencia sobre Díaz Castro, no Burgo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Local Social do Burgo acolle mañá, a partir das 20.30 horas, a conferencia do especialista e crítico literario Armando Requeixo sobre “Xosé María Díaz Castro e a súa poesía”. Armando Requeixo é profesor, crítico literario e membro da Sección de Crítica da AELG. Como investigador e ensaísta tense ocupado da obra de Ánxel Fole, Luís Seoane e Celso Emilio Ferreiro entre outros. Recibiu varias distincións polo seu labor, entre elas o Premio Literario Anxel Fole no 2010.

Dedicou á figura do autor de Nimbos a súa tese de doutoramento “A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: estudo e edición crítica”. A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, en colaboración con máis de corenta colectivos educativos e culturais, organiza o programa Maio, Mes da Lingua, que aglutina máis de medio cento de actividades que teñen en común dinamizar o uso da lingua galega.

5 de maio de 2014 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.