publicidade hoxe

Concerto musical en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Mañá, sábado 17 de maio, ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico o trio ROSAS…. PARA GALICIA vai ofrecer un concerto musical aberto a todo o público en xeral.

O grupo, formado por Julia María Dopico (bandurria), José Luis Mera (recitador poético) e Daniel Adzemian (guitarra) van interpretar un amplo programa musical no que inclúen dende habaneras (“Habanera Aurora”) ata clásicos populares Galegos como “Unha Noite na Eira do Trigo”, “Negra Sombra”, etc.

Esta formación, que é a primeira vez que van actuar no noso Concello, está englobada dentro da Asociación Cultural Brigantia de Ferrol.

A entrada vai ser totalmente libre e gratuita, para tódolos públicos.

16 de maio de 2014 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.