Concello e Universidade da Coruña asinan convenio para impulsar os puntos fortes do tecido empresarial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Xosé Luís Armesto, asinaron dous novos convenios de colaboración para traballar nun proxecto que facilite o acceso ao mercado laboral e permita potenciar as oportunidades de traballo entre os emprendedores, ademais de contar cunha radiografía exhaustiva dos puntos fortes do tecido empresarial da cidade e a súa área metropolitana e cun diagnóstico de empresas e axentes de innovación.

O alcalde destacou que estes dosnuevos acordos de colaboración entre ambas as administracións súmanse aos outros dous asinados hai unha semana para o programa de aloxamento compartido intergeneracional e para a mellora dos accesos aos campus universitarios. Como nestes dous casos, os novos convenios para o desenvolvemento dos recursos empresariais da comarca evidencian o interese que comparten o Concello -que achega 140.000 euros para a súa execución- e a Universidade por dar resposta ás verdadeiras necesidades e demandas dos cidadáns e, en especial, dos universitarios, pois contribuirán a buscar saídas laborais para os estudantes unha vez conclúen a súa formación académica.

O alcalde explicou que, a través do primeiro convenio, o Concello achega 100.000 euros a este proxecto, que consistirá na elaboración dunha cartografía das empresas que están localizadas na zona urbana coruñesa ou que teñen as súas instalacións nos polígonos industriais e cuxos recursos humanos e de capital teñen unha destacada influencia na cidade. “Permitiranos coñecer os produtos, os servizos e o grao de internacionalización das empresas; e favorecerá a conexión interempresarial entre 2.500 empresas da Coruña e a súa área metropolitana”, destacou.

A radiografía do tecido empresarial correrá a cargo do Observatorio Ocupacional da Universidade, que conta cunha ampla experiencia e preparación no deseño, control e explotación de bases de datos para o estudo das necesidades formativas e de innovación das empresas que desenvolven a súa actividade na área xeográfica de influencia da UDC. Así, Carlos Negreira sinalou que este novo estudo cumpre un triplo obxectivo:

-Dispor dun catálogo de empresas innovadoras, cubrindo a carencia dun directorio sobre o tecido empresarial da Coruña.
-Contar cun catálogo de recursos dispoñibles para coñecer a oferta de servizos e produtos innovadores da cidade.
-Accesibilidade de datos, deseñando un plan de aplicación visual para as bases de datos obtidas.

A este acordo súmase un segundo convenio asinado polo alcalde e o reitor para o diagnóstico de empresas e axentes de innovación. Trátase dun proxecto pioneiro que o Concello financia con 40.000 euros e que busca favorecer a inserción laboral dos universitarios recentemente titulados, integrándose tanto no Pacto Local polo Emprego como na Rede Coruña Emprega.

O Observatorio Ocupacional da Universidade tamén se encargará de desenvolver este estudo que busca detectar e coñecer as necesidades de innovación empresarial na comarca coruñesa para mellorar a súa posición competitiva no mercado global. Unha vez cumprida esta fase, elaborarase un diagnóstico sobre a situación das perspectivas innovadoras que sobre os seus produtos, procesos, a propia organización e os programas de I+D teñen as empresas da Coruña e a área metropolitana. O alcalde explicou que será unha oportunidade para, a continuación, asesorar ás empresas nos cambios que sexan necesarios para cumprir os obxectivos que se expoñen.

Tanto o alcalde da Coruña como o reitor da UDC lembraron que os acordos rubricados hoxe nacen a raíz do convenio marco de colaboración asinado en novembro de 2013 para propor, deseñar, executar e avaliar as actividades de cooperación, creando un punto de encontro estable que reforce a relación e o diálogo fluído que xa existe entre ambas as institucións e onde se establecen áreas de interese mutuo como a investigación, a mobilidade sustentable, a vivenda universitaria ou o emprego e as prácticas dos estudantes.

28 de maio de 2014 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.