Comeza o VII Concurso de Tapas Concello de Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene coa finalidade de promover e dinamizar a actividade do sector da hostalería, organiza o VII Concurso de Tapas de Fene na que participan 23 establecementos de hostalería do ámbito municipal de Fene, legalmente establecidos previa inscrición no prazo e forma establecido nas bases.

MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN:

Establéceronse dúas modalidades: Tapa Tradicional e Tapa Creativa, entendéndose como tapa creativa a que utilice productos, técnicas de elaboración ou presentación innovadoras.

.PREMIOS:

Premios para os clientes:
– Entre todos os votantes que selen toda a FENERRUTA, sortearanse os seguintes premios:

Unha viaxe a Roma, Londres ou Paris (A.D.) 5 días (4 noites) para dúas persoas.
Inclúe: Voo, traslados, seguro de viaxe e réxime de aloxamento e almorzo.
Datas suxetas a dispoñibilidade.

Dous premios dunha fin de semana para dúas persoas nun SPA da rede de máis de 100 SPAs de toda España.
Inclúe en réxime de A.D. 1 estancia, almorzo, e 2 tratamentos por persoa.

Unha estancia para dúas persoas nas bodegas VIONTA-ALBARIÑO (D. O. Rías Baixas) Meaño (Pontevedra)
Inclúe: Cea, aloxamento, almorzo, xantar e visita guiada á bodega.
Datas a convir coa bodega

Un ano de socio para unha persoa no ximnasio Fitness Fene

– Todas aquelas tarxetas cumprimentadas polos clientes nos propios establecementos entrarán no sorteo de:
10 bonos de 20 euros cada un para consumir en establecementos adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro”.

Un pequeno electrodoméstico

Lote de perfumería

3 estuches de productos de bodegas Vionta.

Premios para os establecementos participantes:

Campións:
– tapa CREATIVA: trofeo e un lote de produtos de hostelería.
– tapa TRADICIONAL: trofeo un lote de produtos de hostelería.
– tapa POPULAR CREATIVA: trofeo e un lote de produtos de hostelería.
– tapa POPULAR TRADICIONAL: trofeo e un lote de produtos de hostelería

Subcampións:
– tapa CREATIVA: trofeo. – tapa TRADICIONAL: trofeo.
– tapa POPULAR CREATIVA: trofeo. – tapa POPULAR POPULAR: trofeo.

FASES DO CONCURSO: dende o día 9 de maio ao 8 de xuño de 2014.
Os días da semana nos que se poderá degustar a tapa serán, os venres, sábados e domingos.

O horario no que a tapa estará obrigatoriamente a disposición do cliente será:

Venres de 20:00 a 22:00 horas
Sábados de 13:00 a 15:00 h e de 20:00 a 22:00 horas.
Domingos de 13 a 15:00 horas

O local poderá ampliar o seu horario para a degustación da tapa, se o estima oportuno.

Os establecementos participantes deberán ter expedida ao público a tapa coa que participan durante o horario de obrigatorio cumprimento e nas datas establecidas.

As tapas do concurso serán gratuítas.

Cada participante deberá informar aos clientes de que se está a celebrar o VII Concurso de tapas coa finalidade de promócionalo e dalo a coñecer entre os clientes.

Entregarase un cartel de participación no que aparecerá o nome do establecemento e o nome da tapa coa que concursa.
Así mesmo terán un selo para selar a FENERRUTA.

Distribuirase unha urna e cupóns de votación en cada un dos establecementos participantes.

Na urna depositaranse as tarxetas e Fenerrutas cubertas polos clientes, para o sorteo dos premios.

Selección de finalistas:

TAPA POPULAR CREATIVA OU TAPA POPULAR TRADICIONAL

Os gañadores decidiraos o público para o que se elaborará un folleto chamado FENERRUTA coa que o cliente pode percorrer tódolos establecementos participantes e ir selando aqueles que visita e nos que degusta a tapa do concurso.

Aquel cliente que deguste tódalas tapas participantes no concurso terá a posibilidade de votar pola que considere a mellor tapa nas modalidades creativa e tradicional.

Só serán válidos os votos da FENERRUTA que esté selada por tódolos establecementos participantes.

A tapa que teña máis votos terá o premio á tapa popular creativa e á tapa popular tradicional.

Haberá 1 campión e 1 subcampión por cada modalidade.

En caso de empate, gañará o local que máis tarxetas de clientes recolla na urna.

TAPA CREATIVA OU TAPA TRADICIONAL

Nos horarios abertos para os clientes durante o concurso, o xurado de forma anónima visitará o establecemento para degustar e avaliar a tapa das categorías creativa e tradicional, identificándose como membro do xurado ao final da súa degustación, momento no que entregará ao participante un documento no que deberá asinar como xustificante do seu paso polo local.

O xurado reunirase a deliberar o día que designe o alcalde e decidirán un campión e un subcampión para cada modalidade.

En caso de empate, gañara o que máis puntuación obteña na seguinte orde: creatividade, sabor e presentación.

O xurado estará presidido polo señor alcalde-presidente do Concello de Fene ou concelleiro en quen delegue e composto por catro vogais nomeados para tal efecto pola Alcaldía :

– Un/unha representante dunha Escola de Hostalería.
– Un/unha representante do asociacionismo do sector.
– Un cociñeiro/a de recoñecido prestixio.
– Un/unha representante dos medios de comunicación ou profesional de hostalería.
Actuará como secretaria/o persoal da área de promoción económica, con voz pero sen voto.

Unha vez realizada a selección dos gañadores publicarase a decisión do xuradomediante anuncio nos medios de comunicación e na páxina web do Concello de Fene (www.fenecidadan.net)

CRITERIOS DE VALORACIÓN DO XURADO:

O xurado degustará as tapas e avaliará cada unha tendo en conta os seguintes aspectos e baremo:

– Ingredientes: Ata 7 puntos.
– Elaboración: Ata 7 puntos.
– Creatividade: Ata 7 puntos. (So se valorará no caso da tapa creativa)
– Sabor: Ata 7 puntos.
– Presentación: Ata 7 puntos.
– Aplicación comercial: Ata 7 puntos.
– Concepto de tapa: Ata 7 puntos.

Unha tapa debe ser pequena e pode comerse en 2 ou 3 bocados.

Entrega dos premios:

A entrega de premios realizarase en acto público que terá lugar na data que determine o sr. alcalde-presidente.

Haberá un acto no que se desvelarán os gañadores e se entregarán os premios de tódalas modalidades de tapas. Tamén se procederá á realización dos sorteos aos que optan os clientes.

Nun segundo acto convocarase aos gañadores dos sorteos para facerlles entrega dos premios, tanto por participar coas tarxetas como por cubrir toda a Fenerruta.

GUÍA DOS ESTABLECEMENTOS

O Concello editará unha guía na que figurarán os establecementos participantes. Esta guía formará parte do material de difusión da cidade e estarápresente en todos os actos de promoción da mesma. A guía entregarase aos establecementos participantes para que os clientes poidan levar a guía consigo.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Durante algúns días do concurso haberá unha animación pola rúa que animará á xente a entrar nos establecementos e participar no concurso.

8 de maio de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.