Cociñeiras con Estrela fronte ao Cancro de Mama acada gran éxito de público durante a xornada gastronómica

Cociñeiras con estrela fronte ao Cancro de Mama
Pazo de Mella, un dos centros de referencia na comarca da Coruña para a celebración de eventos e congresos, acolle nas súas instalacións ao longo de todo o día de hoxe a xornada gastronómica e solidaria Cociñeiras con Estrela fronte ao Cancro de Mama. Trátase da segunda edición dunha iniciativa benéfica (tras a celebrada en Madrid o ano pasado) que reúne a 6 das mellores cociñeiras de España, todas elas distinguidas con estrelas Michelín e/ou soles Repsol. Esta acción desenvólvese coa colaboración da consultora Gastronomoymas (Gy+) e os fondos que se recaden destinaranse á xunta provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro (aecc).
Segundo destacou Pablo Bourkaib, director de mercadotecnia e vendas de Pazo de Mella, durante a xornada: “en Pazo de Mella tivemos claro desde o primeiro momento que queriamos abanderar esta iniciativa, porque encaixa perfectamente coas nosas liñas de responsabilidade social corporativa”. Bourkaib, que xunto aos seu tres irmáns restaurou completamente este pazo da súa familia para destinalo á celebración de eventos e congresos, sinalou a predisposición dos responsables do recinto a acoller no futuro outras iniciativas solidarias que, como esta, redunden en beneficio dos veciños e habitantes da zona na que se asenta o Pazo de Mella.
Show cooking e cea
Todas as cociñeiras participantes, que suman en total 5 estrelas Michelín e 8 soles Respol, colaboran na iniciativa de maneira desinteresada, xunto a diferentes entidades e empresas que –tamén solidariamente- uníronse á xornada. O programa de Cociñeiras con Estrela fronte ao Cancro de Mama posúe dúas partes ben diferenciadas: un show cooking, celebrado este mediodía, no que participaron 150 persoas e a cea benéfica, que esta noite reunirá no Pazo de Mella a 120 comensais.
No show cooking cada cociñeira presentou 1 tapa ou media ración con pratos representativos da súa cociña; en total 6 tapas e un minidoce, por parte do chef Kike Piñeiro. No show cooking, cuxa entrada custaba 25 euros, os asistentes puideron gozar das tapas e as bebidas e puideron consumir o resto de produtos dispostos para a sesión.
A cea, cuxa entrada por persoa custaba 69 euros, constará dun menú de 6 pratos máis sobremesa (no que cada cociñeira preparará un prato e Kike Piñeiro a sobremesa). Á parte disto, disporase de bebidas e espumosos para harmonizar os pratos e doutros produtos, que complementarán o menú. Ao finalizar, haberá unha barra de gin tonics ofrecida por unha das empresas participantes. Entre os asistentes á cea sortearase, por xentileza de Elena Arzak, un xantar ou cea para dúas persoas, con viños incluídos, no restaurante Arzak de San Sebastián e dúas obras de arte doadas polos artistas Batedes Campillo e Manuel Gandullo.
Cociñeiras participantes
Os restaurantes e as cociñeiras que participarán nesta xornada solidaria son os seguintes:
– Lles Cols (Olot, Xirona) Fina Puigdevall. 2 estrelas Michelin e 2 soles Repsol
– La Salita (Valencia), Begoña Rodrigo, gañadora de Top Chef, 1 sol Repsol
– A Estación (Cambre, A Coruña), Beatriz Sotelo. 1 estrela Michelin
– Jardín (Mallorca), Macarena de Castro. 1 estrela Michelin e 1 sol Repsol
– Cocinandos (León), Yolanda León. 1 estrela Michelin e 1 sol Repsol
– Xarma (San Sebastián), Aizpea Oihaneder. 2 soles Repsol
Entidades patrocinadoras e colaboradoras
A iniciativa gastronómica conta co patrocinio de empresas como Josmaga, Grupo Oca, Louzao, Gadis e Dyson Spain e organismos como Galicia Calidade e o Concello de Cambre.
Ademais, como empresas colaboradoras participan na xornada o restaurante Arzak (Elena Arzak), Hotel Tryp Coruña, D.O Monterrei, Eidos de Iria, Feiraco, Cafento, Klimer, Aceites Abril, Martín Códax, Señorío de Rubiós, Viajes Orzán, Helados Gael, Queixería Bama, Nordés Gin y Nordesía, Bodegas Roandi, Marqués de Vizhoja, Aguas de Mondariz, Ideo Business, Cervezas Peregrina, Iberia, Air Europa, Vueling, Gráficas Mera, Securitas Seguridad España, Bodegas Argenceres, Grupo Suárez, Airnostrum, Autocares Vázquez, Mar de Frades, Richar del Toro, Elba Hoteles, Agaba y Pan de Carral. Junto a esto, la iniciativa cuenta con la colaboración especial de Markea e Novagalicia Banco.











