Clausúranse a AFD de Mos que formou a 70 alumnos desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMosPontevedra
A-
A+
Bravo Bosh na entrega dos diplomas

Bravo Bosh na entrega dos diplomas

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, xunto á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, participou hoxe na entrega de diplomas das Accións Formativas para Desempregados (AFD) que tiveron lugar no concello e que se celebraron no Centro de Desenvolvemento Local (CDL).

Un total de 70 alumnos e alumnas se beneficiaron das labores formativas desenvolvidos ao abeiro das axudas para formación dirixidas prioritariamente a desempregados e xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Emprego e Formación.

Os participantes nestes cursos AFD recibiron formación en 5 especialidades. Trátase dos cursos de xestión de emprego; iniciación a rede de internet; atención sociosanitaria a persoas dependente no domicilio; inglés atención ao público e, por último, portugués atención ao público.

Os cursos de formación para o emprego constitúen un dos elementos máis salientables das políticas activas de emprego por tratarse dunha medida de mellora da empregabilidade das persoas en paro, que se recolle na Estratexia Europea de Emprego e no Plan Nacional de Acción para o Emprego.

16 de maio de 2014 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.