Clausura do programa Hotel Escola UAMI de cociña e restaurante

Clausura do curso
O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, asistiu á entrega de diplomas do programa Hotel Escola UAMI de cociña e restaurante-bar, organizado polo Concello da Coruña a través da Unidade de Asesoramento de Migracións.
A acción formativa, de 150 horas, contou coa participación de 8 alumnos e tiña como obxectivo favorecer a integración sociolaboral da poboación migrante que reside no termo municipal da Coruña.











