Clausura do obradoiro de emprego promovido por 7 concellos da Mancomunidade de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Rogelio Martínez na clausura do obradoiro

Rogelio Martínez na clausura do obradoiro

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, asistiu hoxe ao acto de clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego “Terra de mosteiros 2013” desenvolvido conxuntamente entre os concellos de Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil e San Cibrao das Viñas. O acto contou coa presenza, tamén, da maioría dos alcaldes dos concellos que organizaron este obradoiro.

Este programa mixto de formación e emprego contou con 24 alumnos, persoas desempregadas da zona, pero da iniciativa tamén se beneficiaron outras 6 persoas que formaron parte do persoal directivo, docente e de apoio administrativo.

Os alumnos e alumnos que hoxe remataron a súa participación nesta actividade recibiron formación especializada e realizaron distintas actuacións prácticas nos ámbitos da xardinería e forxa. Así, traballaron no acondicionamento de varios parques e zonas axardinadas e na elaboración de varandas de forxa para varios núcleos pertencentes aos concellos implicados neste programa.

A Consellería de Traballo e Benestar financiou esta acción cunha achega de máis de 213.000 euros. Rogelio Martínez felicitou aos alumnos pola obtención do certificado de profesionalidade que ten carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, expedido polo Servizo Público de Emprego de Galicia. Estes documentos demostran a preparación e habilidades adquiridas ao longo dos 6 meses que durou o obradoiro , o que confiamos que vai “incrementar moi significativamente a empregabilidade do alumnado”, segundo destacou o delegado territorial.

8 de maio de 2014 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.