Clausura do obradoiro de emprego desenvolvido por Val do Dubra, a Baña, Negreira e Santa Comba
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego dirixido a persoas desempregadas, desenvolvido conxuntamente ao longo dos últimos seis meses entre os concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra . A actividade mixta de formación e emprego centrouse en dúas especialidades: control e protección do medio natural e dinamización de actividades de tempo libre. Nesta acción, que a Consellería de Traballo e Benestar financiou con máis de 213.000 euros, participaron 24 alumnos e alumnas.