Clausura do curso de música de cámara na Escola de Música de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Hoxe, venres 9 de maio, ás 19:00 horas no Paraninfo da Universidade terá lugar a clausura do “Curso de Música de Cámara” que a Escola Municipal de Música vén desenvolvendo nos últimos meses e no que participa alumnado das especialidades de corda friccionada e vento madeira, interpretando obras de Dvorak, Häendel, Mozart e outros importantes compositores da literatura musical.

Actuarán arredor de trinta alumnos e alumnas do centro agrupados en formacións de dúos, tríos, cuartetos e quintetos, o que vai representar unha mostra acaída do traballo de formación musical desenvolvido ao longo deste período. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

IV MOSTRA MUSICAL DO EIXO ATLÁNTICO:

A actividade terá lugar no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa e a entrada é libre e de balde.

A fin de semana do 10 e 11 de maio, a Escola Municipal de Música participará na categoría de solistas na “IV Mostra Musical do Eixo Atlántico”, nas especialidades de violín piano e saxofón. Os alumnos que representarán á escola nesta mostra serán; Esther Xía Pérez, Javier Crugeiras, Uxía Caneda e Álvaro López interpretando obras de Sarasate, Beethoven, Kachaturian entre outros.

CONCERTO DA BANDA, DA AGRUPACIÓN DE MÚSICA TRADICIONAL E DA ORQUESTRA DA EMM:

Entendendo a música como parte imprescindible da vida local, a Banda e a Agupación Tradicional da Escola Municipal de Música actuarán o vindeiro domingo 11 de maio, ás 13:00 horas, na Praza do Toural, onde interpretarán diferentes pezas do repertorio máis representativo destas agrupacións. Coincidindo co concerto destas agrupacións da Escola, aproveitaremos a ocasión para difundir entre as familias compostelanas as características da Escola, o proceso de preinscrición que comezará o día 2 de maio e atenderemos calquera demanda de información dos interesados.

9 de maio de 2014 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.