Clausura das escolas deportivas de Soutomaior
Este próximo sábado 31 de maio ás 18,30 Horas celebrarase no Pavillón Municipal A Montesiña o Festival de clausura das Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior.
Desde o mes de outubro do ano pasado veñen impartindo clases por monitores titulados tanto para nenos como para adultos.
Iniciación ao deporte, ximnasia rítmica, patinaxe, multideporte, pádel, tenis, baloncesto, baile moderno, ximnasia de mantemento, etc. son os distintos deportes que se impartiron nas Escolas Deportivas.
Este festival de clausura reunirá a máis de 300 deportistas que desde os 3 até os 16 anos que nos demostrarán unha pequena parte das súas habilidades deportivas.
Como convidados neste Festival estarán o Kick Boxing Club Arcade , Club Treboada de Ximnasia, Club Patinaxe Artística Soutomaior e o Club Amigos do Whu-Shu.
Á finalización o Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, entregará aos participantes un recordo do seu paso por estas Escolas Deportivas 2013-2014











