Charlas de sensibilización sobre a discapacidade no colexio La Salle de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O luns, 5 de maio, unha traballadora social da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) vai impartir tres charlas de sensibilización sobre a discapacidade ao alumnado de 6º curso de primaria do colexio La Salle de Santiago de Compostela.

Cunha duración de 90 minutos cada charla, sendo a primeira ás 10:00 horas, a segunda ás 11:00 horas e a última ás 12:30 horas, a profesional de COGAMI, Ángela Labandeira, tratará de explicarlle ao alumnado en que consiste a discapacidade e os tipos que hai, e para iso utilizarán material audiovisual.

A través deste tipo de charlas, o que se pretende dende COGAMI é tratar de concienciar sobre a diversidade que existe na sociedade, de que todas as persoas somos diferentes e de que todas temos capacidades.

2 de maio de 2014 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.