Charla practica para discapacitados físicos e persoas maiores no Carballiño
A área de Sanidade do concello do Carballiño convida a todos os veciños e veciñas da vila á charla que terá lugar este mércores, 28 de maio, organizada pola asociación de discapacitados do Carballiño, no auditorio a partir das 20:00 horas. Esta charla práctica será impartida polos fisioterapeutas da clínica Fisaude, e ten como obxectivo mostrar aos asistentes diversas técnicas para mellorar a mobilidade tanto dos discapacitados como das persoas maiores.
Durante a charla tamén se realizarán exercicios prácticos para que os asistentes poidan realizar táboas de mantemento a si mesmo, que lles mellorará en gran medida os seus problemas de mobilidade.
Esta charla é unha das primeiras actividades que organiza a nova asociación de discapacitados físicos do Carballiño, coa que colaborará en todo o posible o concello, como xa está a facer coa asociación de discapacitados psíquicos da vila.











